Estimadas familias, as actividades que se propoñen para o día de hoxe son as seguintes:
- Comezaremos como tódolos días no cole coas Rutinas. Primeiro rodeamos no calendario o día que é hoxe(poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no calendario o tempo que fai. Tamén lle podedes recordar en que mes, estación e ano no que nos atopamos. Estes días tamén podemos converter nunha rutina o de debuxar na manciña un virus( con rotulador),como xa vos dixen anteriormente , para que laven moi a miúdo as mans e ese "maldito" virus desapareza canto antes. Podedes facer un rexistro, é dicir, apuntar a diario se o conseguimos ou non, borrar o debuxo.
- Seguidamente, podedes facer un dos Xogos que se propón na batería( xogo da oca, adiviña e atopa, a pita cega ou calquera outro que a vós se vos ocorra.
- Hoxe déixovos un arquivo pdf con actividades de Lóxica- matemática, que os peques escollan a que queiran facer. Recomendación( tanto das actividades de Lóxica- matemática como das de Grafomotricidade que non fagan máis dunha por día, xa que así o viñamos facendo no cole; pero repito é unha recomendación).
- Actividade #euquedonacasa, #todoiraben#: cada neno/a fará un arco da vella co material que elixa( rotuladores, témperas, ceras, papeis de cores). Logo sacádelle unha foto ao debuxo e enviádemo ao mail que vos indiquei.
Xa para rematar recordarvos que nestes días os nenos/as Xoguen moito, non esquezades que os nenos aprenden xogando.
Calquera dúbida contactade comigo.
Un saúdo e agradecervos a vosa colaboración.