Actividades Infantil 4 anos. Misión quedar na casa

Estimadas familias, ante a supresión da actividade lectiva a causa da situación actual, dende o Equipo de Educación Infantil mandamos unha batería de xogos, traballo a partir de contos e actividades impresas, diariamente iremos publicando a forma de organizalas. Tede en conta que non van a ser actividades avaliables, polo que todo canto poidan facer non será para adiantar contidos, senón para repasar o xa visto e ofrecervos ás familias unha serie de posibilidades coas que traballar. Así pois como podedes comprobar adxuntamos varios documentos.

 

Ademais queremos compartir convosco un novo recurso crendo que pode axudar a que os cativ@s comprendan mellor esta situación na que nos estamos a ver inmersos. Trátase dun conto no que se transmite a necesidade de cumprir cunha tarefa fundamental nestes momentos a "Misión queda na casa". Entendemos que estes non están a ser días doados polo que aproveitamos para mandarvos moito ánimo e unha grande aperta!

AdxuntoTamaño
baterìa actividades 4 anos.pdf111.05 KB
FICHA CONTO.pdf46.19 KB
Mision_Quedarse_En_Casa_comprimido-1.pdf887.41 KB