O alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria desprazouse o pasado venres ao centro de Espiñeira, onde ten lugar o Obradoiro de Emprego de Hostalaría de Boiro. Alí puidemos ver como os alumnos do centro aprenden a desenvolver diferentes traballos, coma coidar a unha persoa no seu domicilio ou coidalo se se atopa ingresado nun hospital. Tamén aprendemos a facer palmeriñas e boliños de pan. Asistimos a unha charla sobre alimentación sa e equilibrada e levamos a cabo distintas actividades. Visitamos as cociñas e degustamos un saboroso almorzo saudable. Aquí vos deixamos a galería de imaxes. |
|||