MURAL COLABORATIVO eTwinning Project: OUR WORLD, MY WORLD

Este ano estamos traballando duro no noso proyecto eTwinning: Our World, My World. Despois de escoller o logo agora fixemos un mural colaborativo onde participou todo o alumnado do centro.

As alumnas e alumnos de infantil fixeron o mar e as nubes empregando para iso distintas técnicas e materiais.

As alumnas e alumnos de 1º, 2º e 5º de primaria adicáronse á sección das plantas.

As alumnas e alumnos de 3º e 4º de primaria deron forma aos animais.

As alumnas e alumnos de 6º elaboraron a parte dos humáns.

E o alumnado de 5º e 6º participou tamén aportando imaxes e elaborando lemas, consellos e reflexións acerca da contaminación do noso planeta.

E este foi o resultado:

E aquí tedes un pequeno resumo de todo o traballo: