PARÓN CONTRA OS INCENDIOS

Dende as ANPAs dos CEIPs e IES de Boiro, con apoio dos centros educativos, e en conxunto coas ANPAs de Barbanza, facemos un chamamento o día 22, cun parón de 1min para reivindicar e visualizar a indignación e o malestar xerado a raíz dos devastadores incendios que causaron innumerables perdas, e puxeron en risco a vida da veciñanza do rural, o pasado 30 de marzo, nos concellos de Rianxo e Dodro.

Coincidindo o 22 de maio co Día Mundial da Diversidade Biolóxica, como reivindicación contra os lumes e da promoción e a concienciación global coa diversidade do planeta.

 E esta foi a nosa aportación dende o CEIP Plurilingüe de Abanqueiro: