O pasado día 30 conmemoramos no noso centro o Día da Paz e a non Violencia. Con tal motivo, xuntámonos no patio para cantar todos xuntos a canción Loviu de Sandra Valero, concursante de Eurovisión Junior. Semanas antes todo o alumnado de primaria, dende a clase de Arts, estivo tecendo un anaco dunha bufanda que chegou a medir 10 metros. O alumnado de infantil tamén aportou os seus anacos de bufanda grazas á colaboración dos seus titores e as familias que se acercaron a colaborar. Todo isto organizado dende o departamento de extraescolares e entorno ao conto "El hilo sin fin". Deixámosvos unha reportaxe fotográfica do desenvolvemento da actividade. |
|||