E si chove que chova!

 

Desde o Equipo de Patios queremos compartir con tod@s neste enlace as melloras nas distintas zonas comúns do noso centro. 

 

https://docs.google.com/presentation/d/1p4lJeBv6RnlWlwPA9YY2jiPgmf0CNW_UiiGgRc89UTw/edit?usp=sharing

 

Para os días de chuvia creáronse uns espazos interiores para dinamizar e fomentar o xogo. Recoñecemos a importancia do xogo libre como medio para a aprendizaxe e o desenvolvemento social. Nestas zonas, os alumnos poden escoller as súas actividades, promovendo a autonomía e a toma de decisións propias. Entendemos que cada alumno é único e ten diferentes intereses e gustos. Co fin de proporcionar un ambiente educativo enriquecedor, decidimos crear distintas zonas comúns que permitan aos estudantes explorar e desenvolver as súas preferencias.

 

  • Zona de Lectura: pensado para cultivar o hábito da lectura entre os nosos alumnos, proporcionándolles un entorno propicio para o crecemento intelectual e emocional.
  • Zona de Pintura: buscamos fomentar a súa expresión artística e desenvolver as súas habilidades visuais.
  • Zona de Construción: para a rapazada que se senten atraída polo mundo da construción e a manipulación de obxectos, proporcionamos un espazo onde poidan explorar e construír, fomentando así o desenvolvemento das súas habilidades motoras e cognitivas.
  • Zona de Xogos de Mesa: Para aqueles que desfrutan dos xogos de mesa, creamos un espazo onde poden participar en actividades lúdicas que estimulen a súa mente, promovendo así o pensamento estratéxico e a interacción social.

 

Cada zona ten a súa propia finalidade educativa e busca adaptarse ás preferencias e necesidades individuais dos nosos alumnos. Deste modo, pretendemos crear un ambiente inclusivo e motivador que potencie o seu

desenvolvemento integral.