CHRISTMAS DECORATIONS


Durante estas últimas semanas de clase, o alumnado de primaria estivo facendo distintas actividades para decorar o centro:

o alumnado de 1º e 2º de primaria fixo unhas bolas de neve,

o de 3º e 4º unhas guirnaldas con teas e

o de 5º e 6º uns calcetíns de Nadal (Christmas Stockings), que eles mesmos recortaron e coseron empregando restos de teas, continuando así co proxecto de centro deste curso baseado na reciclaxe e bo uso dos recursos.

Foi unha actividade moi interesante na que o alumnado estivo moi concentrado na súa tarefa. Moi orgullosa de ser a súa profe. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do seu traballo: