Prezadas familias, Chegan un ano máis as xornadas de EspazoFamilias organizadas polos centros educativos de Boiro, e que este ano levan por título: A Mellora da Comunicación Familiar.
O vindeiro mércores será o 3º taller Lembren que non é necesario facer reserva e que hai talleres simultáneos para adultos, adolescentes e nenos. Anabel Mosquera conducirá durante tres xornadas un diálogo cos asistentes onde a voz das familias será a protagonista. Sodes vós os que compartades experiencias, intercambiedes erros e acertos ou expresedes as vosas dúbidas (como establecer límites, como axudar aos nosos nenos/as a manexar a frustración, adiccións, saúde mental,etc.) Por outra banda introdúcese unha novidade que consideramos moi enriquecedora para a comunicación familiar e é que incluimos á rapazada como parte fundamental destas xornadas. Deste xeito, os días 22 de marzo, 12 de abril e 26 de abril programamos actividades paralelas, pero en torno ás mesmas temáticas, para todos os membros da unidade familiar: Anabel Mosquera, pedagoga, formadora e experta en adiccións Nais, pais, titores e adultos a cargo de menores
Xaime Bello (Educacdor e coordinador do Proxecto Turbina) Adolescentes a partir de 13 anos
Alba Pérez (Educadora Social e directora do Proxecto EXERIA) Rapaces e rapazas de 8 a 12 anos
Para os máis pequenos(de 3 a 7 anos) haberá servizo de canguraxe que podedes reservar no seguinte enlace: https://espazofamilias.org/reserva/ As demáis actividades non precisan de reserva. Datas: 22 marzo, 12 e 26 abril Hora: 18.00h Lugar: Centro Social de Boiro
Animámosvos a participar!!! |
|||