HENNA TATTOO

Este curso contamos de novo coa colaboración da nosa auxiliar de conversa Superva Ogra que ven dende a India.

O primeiro día estivemos facendo algún xogo, amosounos á súa recente viaxe á India onde asistiu á boda da súa irmá e aprendemos moito dos traxes típicos, da celebración e da comida tradicional.

Rematamos a sesión facéndonos tatuaxes de henna como lle fan á noiva o día anterior da voda.

Son uns auténticos artistas!!! E que bonito é volver a velos facendo actividades en parellas e en grupos.

Rematamos a sesión cunha canción dunha película india sobre unha voda.

E aquí están os máis pequenos que tamén o fixeron xenial