Actividade de Recreos Deportivos

Hoxe, como todos os mércores deste curso, desenvolveuse unha parte da actividade que bautizamos como "Recreos deportivos"; onde diferentes clubes deportivos do concello traballarán co noso alumnado.

Xa pasou por onda nós o Clube de Baloncesto (que ademais a partir deste curso realizará parte da súa actividade nas instalacións do noso centro) e as fotos de hoxe corresponden á actividade do Clube de Voleibol.

Agradecemos moitísimo estas colaboracións que nos brindan os clubes do concello.

 

"Mens sana in corpore sano"