Informámoslles que dende hoxe están publicadas as listaxes definitivas das axudas para Fondo Libros. Segundo a Orde do 29 de abril do 2022 (DOG Núm. 95) estas listaxes só se poden consultar no taboleiro do centro e indican os libros asignados. No caso de que lle asignaran 4 libros deberá comprobar cales ten que mercar. Aqueles que non lle fora asignado ningún libro ou que non presentara a solicitude deberán mercar a totalidade dos libros de texto. Recomendamos facer o pedido canto antes para evitar problemas de impresión en setembro dado que as editoriais pechan as súas fábricas en agosto. Así mesmo, informarlles de que aquelas familias que teñan dereito ao vale de material escolar ou vale de libros (alumnado de 1º e 2º de primaria) poden pasar a recollelos ao longo da semana que ven en horario de 10 a 13 horas con cita previa. Aqueles que non poidan pasar a recollelos nestas datas poderán facelo a partir do 1 de setembro. Aproveitamos para desexarlles un bo verán, O Equipo Directivo. |
|||