Teatro no Concello de Boiro

Teatro no Concello de Boiro

 

 A parábola do angazo de Talía teatro  venres  29 de abril ás 21.00 h na Casa de Cultura destinada a público xuvenil e adulto.

 

O humor, a comedia, é a base de todo: «Entreter», como dixo Artur Trillo, moi por riba do didactismo: «O contrario sería un erro». «Non é iso de que ‘xa está Talía outra vez dicíndonos que temos que falar galego’. Queremos invitar ao espectador a que vexa as cousas dende distintos puntos de vista, non só dende aquí», abundou. «Multiplicidade de perspectivas. Non é un espectáculo agresivo para dicirlle á xente o que ten que pensar, sí para facela reflexionar dende diferentes ámbitos», indicou Rey. Incluso alguén que lle teña teima ao galego podería gozalo.