Recollida de axuda humanitaria para os refuxiados da guerra en Ucraína
Cáritas Boiro ven de organizar un traslado de material humanitario para os refuxiados da guerra en Ucraína. O CEIP Plurilingüe de Abanqueiro súmase, como outras entidades locais de Boiro, como punto de recollida de material humanitario. Na listaxe teñen o material que se necesita. Fíxense en non enviar pasta/arroz e as conservas e precociñados que non sexan en cristal. O CEIP Plurilingüe de Abanqueiro recollerá durante esta semana, en xornada de mañá, todo aquel material que poidan aportar; que intentaremos trasladar o venres/sábado a Cáritas. O Clube de voleibol recollerá o xoves (ás 20:00) e o sábado (ás 18:00 horas).
Moitas grazas, anticipadas, pola colaboración!
|
|||