Test de antíxenos COVID-19 orais

Test de antíxenos COVID-19 orais

 

A Consellería de Educación vén de repartir test de saliva de antíxenos COVID-19 para ser empregados cando o indique a CSC ante a aparcición dun caso COVID no grupo. O uso dos test está moi limitado a casos concretos. O centro avisará ás familias (do alumnado de Primaria que sexa seleccionado) cando poidan dispoñer dun destes test.

Estes test facilitaranse dende o centro educativo e deberán realizarse no domicilio familiar seguindo as indicacións que a continuación se indican:

  1. Asegurarse de que o neno ou nena non coma, beba, cepille os dentes nin mascara chicle polo menos 30 minutos antes da recolección da saliva.
  2. Non se deixará caer o hisopo, de ter que empregarse, nin depositalo sobre ningunha superficie.
  3. O cativo deberá respirar profundamente e logo tusir de 3 a 5 veces nun pano desbotable.

Ademais indicamos un vídeo explicativo de como se realiza a toma da mostra: