Actualización das normas de actuación perante a presentacións de casos positivos

Actualización das normas de actuación perante a presentacións de casos postivivos

Actualización a 14 de xaneiro de 2022

 

¿Que fago se o meu fillo ten síntomas compatibles coa COVID?

Se o alumnado ten calquera sintomatoloxía compatible coa COVID debe proceder como se viña facendo: NON PODE asistir ao centro educativo de maneira preventiva e debe solicitar cita co pediatra que indicará o procedemento a seguir, que habitualmente será a realización dunha PCR para descartar a COVID.

 

¿Que fago se un dos membros da miña unidade familiar é un caso positivo?

Deberase seguir o indicado pola Central de Seguemento pero de xeito habitual preséntanse dous escenarios:

Se o alumnado é contacto estreito e TEN a pauta de vacinación completa. Poderá asistir ao centro educativo.

Se o alumnado é contacto estreito e NON TEN a pauta de vacinación completa. Deberá permanecer no domicilio e NON ACUDIR ao centro educativo.

 

¿Que sucede cando hai un caso COVID na aula do meu fillo/a?

Se hai un número de casos inferior ao 20% da aula, o centro notificará a existencia dun caso na aula e o alumnado, ao estar vacinado con pauta completa, non necesitará de corentena preventiva.

Se hai un 20% ou máis de casos na aula, o centro notificará a existencia do caso na aula e a Central de Seguemento comezará a corentenar ao alumnado da aula que, segundo a Consellería, pode ser toda a aula ou só os inmunodeprimidos e os NON vacinados en función do estudo do caso.

 

¿Se o meu fillo/a é positivo canto tempo debe estar en corentena ou faráselle unha pcr para volver ao centro?

No caso de un positivo o alumnado deberá estar un mínimo de 7 días en corentena e volverá a partir deses 7 días SEMPRE QUE leve 3 días sen síntomas. Non antes.

Os servizos médicos non pedirán, de xeito habitual, unha pcr para volver ao centro.

Tamén, se o positivo foi nun test NON realiado polos servizos de saúde, debe dar de alta o positivo no SERGAS. Exsisten dúa vías: chamando ao teléfono 881 54 00 45 ou ben a través da aplicación web https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID.

Se o alumnado positivo non foi vacinado previamente a corentena pode ser superior e, en principio, solicitarase unha pcr neativa para poder volver ao centro educativo.

Unha vez que o alumnado que foi positivo volva ao centro, durante os 3 días seguintes á volta ao centro, debe ter un especial seguemento e no caso de ter algún síntoma compatible coa COVID debe quedar no domicilio.

Para avisar ao centro deben chamar ao teléfono do centro e agardar todos os tonos posibles, pois a centralita vai desviando a chamada por distintos teléfonos. O número do chamante NON QUEDA REXISTRADO, polo que é imposible devolver a chamada, o ideal sería facer varios intentos pois non sempre se está preto do teléfono.