Como ben saben, nas últimas semanas autorizáronnos unha parada de autobús en A Cachada. A hora previsible de recollida será sobre a 9:20. Este transporte atenderase con dous autobuses polo que a entrada será realizada co autobús que vai por Brión e a saída co autobús que vai polo Saltiño. Dende hoxe, incluído, e ata luns abrirase un prazo de solicitude de uso do transporte escolar e no caso de que existan máis solicitudes que prazas procederase á realización dun baremado. Deben ser conscientes que existen prazas para "usuarios lexítimos" (con dereito a transporte) e "prazas para usuarios autorizados" (con autorización temporal para transporte) e o baremado prodúcese xeralmente para os usuarios autorizados; ademais, o feito de que se conceda a autorización de uso do autobús non implica que pase a ter dereito a transporte, a normativa é moi clara neste punto e deben renovarse as autorizacións todos os anos ou cando se produza unha circunstancia que veña a modificar as condicións que exitían no momento no que se concedeu a autorización (como poden ser: número de alumnado con dereiro, reducción de prazas de autobús, perda da condición que outorgaba a autorización...).
Prazo de solicitude: ata o 10 de decembro. Publicación de listaxe provisional: 13 de decembro. Prazo de enmendas: ata o 15 de decembro. Publicación de listaxe definitiva: 17 de decembro. Inicio de funcionamento do servizo dende A Cachada: 20 de decembro. Se non hai que facer baremo nin presentar enmendas á documentación a apertura do servizo podería adiantarse ao 14-15 de decembro. Recibirán información cumprida ao longo do procedemento.
Axunto poden atopar a solicitude:
|
|||||||