Bo día amig@s! O pasado 29 de Xaneiro celebramos o día da Paz no colexio, colgamos do teito un feixe de paraugas decorados polo alumnado así como de todo o persoal do centro. Deles penduran mensaxes de paz e amor en forma de pingas. O certo é que nos quedaron os corredoiros ben chulos grazas á creatividade das rapazas e rapaces do cole que moitos, inspiráronse en artístas como Vassily Kandinsky e Jackson Pollock. Aí vai un vídeo do resultado! |
|||