Esquela polo pasamento da Ceboliña

 

 

 

 

 

        

 

Falecemento no día de onte, aos moitísimos anos de idade e sendo confortado coas celebracións pertinentes, de

Dona Ceboliña

  

 

R.I.P.

 

 

O seu esposo: Don Ceboliño; Os seus familiares máis achegados: as nenas, os nenos, as mestras, os mestres, a conserxe e o persoeiro de limpeza; Rogamos a todo o mundo apoien nas oracións non só a alma do nosa querida Ceboliña se non tamén á súa familia nestes momentos de tanta amargura rogando que leve con el toda a COVID-19 e toda a guerra do mundo para o outro mundo e pronto volva xa san connosco para celebrar un novo Entroido.

O cortexo fúnebre sairá na máis estrita intimidade dende o pasillo inferior ate o lugar da sepultura. Os familiares máis achegados agradecen a intimidade da cerimonia.

¡Viva a Ceboliña!

¡Viva o Entroido!

 

¡Descanse en Paz!