Aquí achegamos os premiados deste I CONCURSO DE "CONTOS DE MEDO NO SAMAÍN". Grazas pola gran participación dos nenos e nenas de 4º,5º e 6º de E.P.!!! Este ano os premiados foron: 4º E.P. "O Misterio de Malic" por Carla Rodríguez Fernández. 5º E.P. "Eu e Slappy" por Paula Mariño Vicente 6º E.P. "A Silueta" por Ismael Pérez Ces. Moi ben futuras escritoras/es, non deixedes de imaxinar e escribir. PARABÉNS!! "O Misterio de Malic" por Carla Rodríguez Fernández. "Eu e Slappy" por Paula Mariño Vicente "A Silueta" por Ismael Pérez Ces. I CONCURSO CONTOS DE MEDO NO SAMAÍN I CONVOCATORIA DE CONTOS DE MEDO DO SAMAÍN EN GALEGO PARA NENOS E NENAS de 4º,5º e 6º DE E.P. BASES: 1. Narrar un conto de medo en galego. 2. Poden participar os nenos e nenas de 4º-5º e 6º de primaria. 3. O conto terá unha extensión mínima dun folio. 4. Debe estar escrito a man e con boa presentación. Conterá unha portada decorada cun debuxo, título, nome e apelidos do autor, curso e data. 5. Só se admitirá un conto por participante. 6. Data límite de entrega o mércores 28 de outubro. 7. Os gañadores serán seleccionados polo xurado do EDLG, e recibirán un premio. § Categoría A: un agasallo § Categoría B: un agasallo § Categoría C: un agasallo
8. A entrega de premios terá lugar o venres 30 de outubro no noso colexio. Animádevos a participar! |
|||||