CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Bo día amig@s!

O pasado venres 30 de outubro, celebramos no colexio o "Samaín".

O Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo converteu no Día de Todos os Santos. A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite, as almas dos mortos pasan pola porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias.

Esta xornada dedicámola a festexar a tradición con actividades didácticas,concurso de contos de medo polos alumnos de 4º,5º e 6º de E.P. Así como tamén, disfrutamos coa degustación dunha deliciosa chocolatada con bizcoitos, todo gracias a implicación da ANPA. Gracias por ese esforzo, por transmitir ledicia e ilusión aos nenos e nenas do cole a pesar das circunstancias que estamos a vivir co COVID-19.

Nos vindeiros días,colgaremos uns vídeos terroríficos da xornada, así como os gañadores do concurso de contos de medo que celebramos este curso.

Un saúdo!