¿Que facer se o neno/a tén síntomas?

¿Que facer se o neno ten síntomas?

  1. O primeiro é avisar ao colexio de que non vai asistir indicando os motivos.
  2. Concertar cita co pediatra para concertar un PCR.
  3. Mentres se descoñece o resultado da PCR, NON se debera asistir ao colexio.
  4. Cando se coñeza o resultado, se é negativo: haberá que atender as indicacións do médico. Pode ser que deba reincorporarse á educación presencial ou que teña que facer unha corentena preventiva, dependendo da sintomatoloxía ou contactos que tivera.
  5. Cando se coñeza o resultado, se é positivo: Debe avisar inmediatamente ao centro educativo para proceder a notificar o caso á Consellería e seguir as indicacións de corentena que o pediatra lles diga.

As corentena afecta aos casos positivos e a quelas persoas que os servizos médicos consideren oportuno. Nin centro, nin familia, pode tomar a decisión de confinamento. É competencia dos servizos médicos.

¿Que sucede se hai un caso positivo na aula?

O colexio notificará á Consellería a relación de alumnado, planos de situación na aula, condicións de ventilación... todo o referente ao facer do centro e será Sanidade que se poña en contacto coas familias se o considera necesario.

En principio non se aisla a unha aula polo feito de que se detecte un caso positivo.

¿A onde teño que chamar?

Para poñerse en contacto co centro hai que chamar o teléfono deste 881 86 65 35. Esta liña circula por todos os teléfonos do centro logo duns tons en cada terminal, polo que é bo agardar tons suficientes "10 ou 12" para que circule por todos os terminais. Non sempre podemos atender todos os teléfonos pero é provable que nun deles haxa alguén con hora de despacho.

AdxuntoTamaño
enquisa_de_autoavaliacion.pdf427.92 KB
decalogo_coronavirus.pdf85.62 KB
guia_volta_segura_as_aulas.pdf669.14 KB