Informacións sobre o inicio de curso 2021-2022 A continuación teñen unha batería de preguntas e respostas máis comúns para este inicio de curso, que non variará sustancialmente do curso anterior:
¿Que é o Plan de Adaptación ao COVID-19 do centro? É un documento que recolle normativa (e organización do centro para adaptarse a esta lexislación) con motivo de minimizar e controlar a propagación do COVID-19. Este plan publicarase íntegro na web do centro no subapartado "Plans e Proxectos" dentro do apartado "Secretaría" (no menú esquerdo desta mesma web) cando sexa revisado polo Claustro e Consello Escolar.
¿Cándo empezan as clases? As clases comezan o día 9 de setembro cos servizos de transporte e comedor. O horario de clase será o habitual de 9:45 a 14:45, coas modificacións realizadas nas entradas e saídas (ver pregunta de entradas e saídas)
¿Cales son as medidas que inclúe o Plan de Adaptación ao COVID-19 do centro? No plan contémplanse as normas organizativas e de comportamento que debe haber no colexio como poden ser: hixiene continua e sistemática de mans e utensilios, mantemento da distancia social, normas de desprazamento polo centro, uso da máscara, uso do comedor, entradas e saídas... A filosofía deste plan baséase en dificultar a propagación do COVID-19 mantendo a hixiene, a distancia, intentando velar por un mínimo equilibrio entre a súde física e mental e aislando os distintos grupos de alumnado entre si; sempre seguindo as indicacións da Administración Competente en materia COVID. Por isto último, os nenos pertencentes a un curso só poderán interaccionar entre os membros dese mesmo curso e non con outros; os recreos serán en zonas diferenciadas (atendendo a diferentes normas), non haberá actividades de traballo entre varias aulas, as celebracións serán con carácter xeral dentro da aula... así como a formación diaria que o alumnado recibirá en canto as novas normas.
¿Se o neno ten febre pode ir a clase? (MOI IMPORTANTE) NON, é importantísimo para evitar os contaxios masivos de compañeiros. Aínda que coñecemos os inconvenientes que pode causar no seo familiar, a normativa estipula que todos os días (tanto alumnado -realizado polos proxenitores- como persoal do centro no seu domicilio) debe facerse unha autoavaliación que consiste nos seguintes puntos:
Se a resposta en CALQUERA destes puntos é SI o alumnado ou persoal do centro NON pode acudir ao colexio, debendo notificar a súa ausencia e motivos á dirección do centro. Seguidamente deberá chamar ao centro de saúde informando da situación, que deberá proceder como corresponda. NOTA: Lembre que a non asistencia ao centro educativo cando se produza esta situación é obrigatoria e de asistir con dolo (é dicir: intencionadamente e coñecendo que tén algún dos síntomas ou está nalgunha das situacións das amosadas na enquisa) poderá incurrir nas responsabilidades civís e/ou penais que actualmente se contemplan para esta situación. Tamén é obrigatorio entregar asinada no centro (ao titor ou en secretaría) unha declaración responsable, que poderá descargar aquí. Poderán facerse controis de temperatura aleatorios durante o período lectivo. Lembren que de detectarse algunha sintomatoloxía compatible coa COVID, o alumnado deberá ser apartado do grupo e procederase a chamar aos responsables, polo que deben ter actualizados os datos de contacto de responsables e autorizados. En todos os expedientes de alumnado debería haber, cando menos, unha persoa autorizada. ¿Vai haber desdobres nos cursos? As ratios establecidas pola Consellería de Educación son de 25 nenos por aula sempre que se manteñan as distancias mínimas esixidas no protocolo anti-covid publicado pola Consellería de Educación. Para facer desdobres non só hai que ter en conta as ratios, tamén se teñen en conta outros aspectos como: alumnado con Necesidades Educativas de Atención Especial (NEAE), dispoñibilidade de profesorado, dispoñibilidade de espazos e adecuación dos mesmos ás características do alumnado... Entendemos as inquietudes de moitas familias pero ás veces é mellor ter un grupo máis numeroso con boas condicións que telo menos numeroso en condicións precarias. No noso centro todas as aulas están dentro das ratios establecidas e pódese respectar a distancia mínima marcada, polo que haberá unha aula por cada grupo. ¿Que son os grupos estables de convivencia? Estes grupos son un xeito de poder aumentar a interacción do alumnado dentro da aula (sempre sen contacto con outras aulas) co fin de mellorar a saúde mental do alumnado e de, en caso de haber un caso de contaxio poder localizalo con prontitude e garantir que non se extende ao resto do centro. Dentro dos grupos estables de convivencia exinten outras normas como: os xogos por recunchos serán sempre cos mesmos compañeiros, o alumnado sentarase sempre no mesmo sitio e sempre cos mesmos compañeiros, mesas separadas para cada grupo... O concepto de Grupo Estable de Convivencia non é unha simple ocorrencia do momento. Baséase no "círculo reducido de amizades" que se nos transmitía durante a desescalada posterior ao confinamento. Cantas menos persoa teñan contacto connosco máis sinxelo é evitar a propagación do virus. O ideal é que este Grupo Estable de Convivencia se mantera: no transporte, no recreo, no comedor... e no parque. ¿Teñen que levar máscara os nenos? A máscara é obrigatoria ás entradas e ás saídas para TODAS as persoas que estén no recinto do centro. De feito a normativa obriga a que o alumnado porte máis dunha máscara por se lle rompe a que leva posta. PRIMARIA: A máscara, tal e como indica a normativa, é OBRIGATORIA mentres estén dentro do recinto (coa excepción do momento de comer ou beber) INFANTIL: A normativa indica que a máscara é opcional (sempre a expensas da autonomía do alumnado). Para certas idades é moi complicado ou, a veces, imposible manter a máscara durante longos períodos de tempo, sobre todo, porque non están acostumados a levala (ata pode ser que sexa a primeira vez). O alumnado de infantil estará obrigado a levar máscara o máximo tempo posible en interiores. Só estan exentos do uso de máscara as persoas con certificación médica ao respecto. Que deberan portar outros métodos de protección. ¿Poden empregar calquera máscara? As máscaras que empregue tanto alumnado como proxenitores ou persoal docente deben ser máscaras homologadas (SEN VÁLVULA). Se a máscara é lavable debe ser lavada todos os días, se non non cumplirá a súa función protectora. Se vai empregar máscaras cirúrxicas (as recomendadas pola Consellería) debe renovala cando menos todos os días. Lembre que este tipo de máscaras teñen efectividade as primeira 4-5 horas de uso, é dicir, unha mañá. No protocolo da Consellería indícase que o alumnado debe ir provisto dunha máscara de reposto, posto que as máscaras poden romper, enlixarse, mollarse... motivo polo que o noso centro optou por ter en custodia unhas cantas máscaras cirúrxicas por alumno para este tipo de casos. As máscaras, ao igual que o resto de material, deberían estar marcadas co nome do alumno para evitar confusións. ¿Vai haber reunión de principio de curso? A norma establece que as reunións deben ser a distancia (videoconferencia, telefónica...) como norma xeral. Mais nos primeiros días de curso recibirán solicitude para a realización dunha reunión presencial para explicar como se vai desenvolver o curso. Estas reunións realizaranse a diferentes horas por aula e en espazos diferenciados co fin de evitar aglomeracións, tamén se recomenda que á reunións grupais asista 1 persoa por alumno ou alumna. NOTA: Ata o día 9 de setembro (previsiblemente) a aplicación Abalar non estará completamente funcional (ou presentará erros) debido a uns problemas que teñen na Consellería de Educación. ¿Como serán as entradas e saídas? A entradas e saídas, co fin de evitar aglomeracións sobre todo de proxenitores, realizaranse de xeito gradual. Este xeito, SEMPRE PROVISTOS DE MÁSCARA, é o que segue: ENTRADAS (requírese máxima puntualidade):
SAÍDAS (requírese máxima puntualidade):
Lembren a importancia de AVISAR cando o alumnado anotado aos servizos de COMEDOR e TRANSPORTE, se non vai a facer uso do servizo. ¿Como se vai a realizar o Servizo de Transporte? Este curso haberá servizo de transporte para todos os solicitantes. Respectarase planificación COVID da empresa subministradora do servizo aprobada perante o Servizo de Mobilidade da Xunta de Galicia; que inclúe, por exemplo, a desinfección entre servizos con Xeradores de Ozono. En principio, aínda que queda a distreción da empresa concesionaria e dos plans covid que teñan aprobados:
¿Como se vai a realizar o Servizo de Comedor? O servizo de comedor realizarase (en principio) en 2 quendas, co fin de manter a separación entre o alumnado e de respectar os grupos de convivencia estable:
Medidas especiais para a saída do comedor:
¿Vai haber servizo de biblioteca pola tarde? Ao igual que en cursos anteriores, o alumnado que non poida ser recollido logo do comedor quedará a garda e custodia do profesorado de garda. Como no curso anterior o alumnado poderá ser entregado ás 17:00 ou ás 18:00 (abriranse os postais 5 minutos antes e pecharanse 5 minutos despois destas horas). O servizo de biblioteca non funcionará como tal, referímonos ao empréstito de libros ou á lectura en sala polas tardes. Co fin de evitar contaxios pola manipulación dos libros exercerase un maior control sobre os libros polo que o empréstito de biblioteca realizarase xestionado dende a propia aula. ¿Como serán os recreos? ¿vai haber? No centro realizaranse os recreos no mesmo horario pero engadindo normas extraordinarias: cada aula/grupo de recreo farao nun lugar distinto, as merendas son na aula e sempre antes do recreo, non poderán baixar comida ou auga susceptible de ser compartida, poderán compartir material de xogo (respectando as normas de hixiene e limpeza) A incidencia COVID que exista no concello decidirá se a separación é máis ou menos estrita nos recreos. ¿Ofertaranse actividades extraescolares? A ANPA, ao igual que o curso pasado, plantéxase a oferta de actividades extraescolares nas que poidan manter as medidas esixidas contra a propagación do COVID-19. Tanto para o servizo de MADRUGADORES (que se vai ofertar) como para coñecer as posibles ofertas de extraescolares deben poñerse en contacto coa anpa NAPABAN (Telf. 600273032 - Mail napaban@gmail.com) ¿Vanse empregar libros de texto? Por suposto. Os libros de texto seguirán usándose de xeito habitual (lembren non marcalos nin forralos ata comprobar que son os correctos). Nede o curso pasado, a maiores, introdúcese a formación online para en caso de confinamento ou educación semipresencial sexa máis sinxelo seguir avanzando na aprendizaxe. Esta formación online levará algún tempo para que o alumnado acade a autonomía necesaria e estaría ben ir pensando en mellorar os recursos tecnolóxicos (dentro das posibilidades) no seo familiar. As aplicacións que se empregarán para a formación a distancia serán:
¿Que material debo mercar para o colexio? Nos primeiros días recibirán información sobre o material de aula a mercar que NON SERÁ O MESMO que en cursos anteriores. Enviarase por ABALAR e colgarase na Web. ¿Poden entrar os pais e as nais ao centro? A normativa estipula que os pais e nais NON poden acceder ao recinto salvo nos seguintes casos:
As "excepcionalidades nas saídas" están pensadas para mellorar a confortabilidade dos acompañantes dos nenos e manteranse sempre e cando os proxenitores sexan cívicos e respecten as normas. De producirse situacións de non respecto ás normas (distanciamento social, máscara...) haberá que modificar o Plan de Adaptación á Situación COVID-19 para seguir estritamente a normativa, polo que deberían agardar na rúa. ¿Vai haber algún perído de adaptación para o alumnado que entre en 4º de Educación Infantil? SI. A Orde de Calendario Escolar correspondente ao curso 2021-2022 estipula o período de adaptación que este alumnado debe ter. No CEIP Plurilingüe de Abanqueiro, como en todos os cursos, establecemos un período de adaptación que abranque as primeiras semanas de curso e que poden consultar en Perído de adaptación. ¿Podo decidir por min mesmo non levar ao meu fillo/a ao colexio por medo a contaxio? NON. A normativa que dende os 6 aos 16 anos a escolaridade é obrigatoria, ao igual que o alumnado de infantil matriculado no centro. En caso de retrasos ou ausencias inxustificadas deberase aplicar o Protocolo de Absentismo publicado pola Xunta de Galicia. Este alumnado de Educación Infantil podería, se o desexara a familia, renunciar á praza no centro escolar o que significaría a perda do dereito á escolarización no centro e, para poder volver a acceder ao sistema educativo galego, deberá solicitar ingreso a través do proceso habitual de admisión; proceso que comeza en marzo para o vindeiro curso 22-23. Lembren que as ausencias por sintomatoloxía compatible con COVID-19 son automáticamente xustificadas (salvo que sexan moi numerosas ou moi prolongadas), só deben poñerse en contacto co centro para notificalo; logo debe chamar ao centro médico para que tomen as decisións oportunas. ¿O primeiro día de clase haberá comedor e transporte? SI. O primeiro día de clase empezará con todos os servizos complementarios do centro: Comedor, Transporte e, se se xunta grupo, Madrugadores (para este último servizo deben consultar coa ANPA. Telf. 600273032). ¿Debo comunicar se vai asistir ao comedor? En principio, contamos que todos van asistir a comedor. HAI QUE AVISAR SE NON SE VAI A VIR. A normativa indica que hai que notificar a non asistencia ao comedor o mesmo día antes das 10 da mañá (ben telefonicamente, ben notificándoo ao titor/a ou ben notificándollo á conserxe do centro); a aquelas persoas que non asistan ao comedor e non avisen da súa ausencia a Xunta de Galicia procederá a cobrarlles o importe da comida dese día aínda que non fixeran uso do comedor. Calquera outra cuestión que teñan non dubiden en preguntala e incluirase nesta nesta listaxe. Actualizarase de forma periódica. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||