Calendario de Fondo de Libros Tal e como indica a normativa, para dar publicidade ao calendario do proceso, a partir de hoxe os pasos a seguir para o Fondo de Libros será o que segue (sempre que a aplicación informática da Consellería de Educación nolo permita, polo que en tal caso podería haber unha flexibilización nas datas): 1. O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de xuño. O ideal sería entregalas con tempo suficiente para garantir o proceso de comprobación de datos por parte da aplicación. 2. Gravación de solicitudes - ata o 23 de xuño. 3. Publicación da Listaxe provisional - 25 de xuño 4. Dispoñen de 2 días (ata o 29 de xuño) para presentar reclamacións (por escrito) ou solicitude de enmendas (por sede electrónica). 5. O 2 de xullo procederase á publicación das listaxes definitivas. 6. Disporán ata o 7 de xullo para recollida de vales (de Adquisición de material e/ou, de selo caso, merca de libros), sempre con cita previa, para o que poden solicitar Cita Previa na Web do Centro ou na seguinte ligazón: https://calendly.com/ceippabanqueiro/secretaria 7. Todos aqueles vales non recollidos en xullo poderán recollerse a partires do 1 de setembro. Sempre con cita previa. Todas as listaxes serán publicadas na web do centro para maior comodidade dos usuarios. Reciban un cordial saúdo. |
|||