Bos días chic@s! Comezamos a última semana do curso. Xa queda pouco para que poidades desfrutar do voso merecido descanso! Esta semana imos organizar o traballo de xeito diferente. O primeiro cambio será a videoconferencia, que será o venres. Para o luns e o martes envíovos unha comprensión lectora e os últimos exercicios de matemáticas. Ningún grupo deberá enviar para corrixir. Publicarei a corrección. Para o mércores e o xoves enviareivos un material máis lúdico: enigmas e pasatempos. Como vos dicía, o venres teremos a videoconferencia e remataremos o curso. Adxunto a comprensión lectora. Unha aperta!
|
|||||||