TALLER DE INTELIXENCIA EMOCIONAL

Bo día familias!

Esta semana faremos fincapé no "Bo Humor"

Todas as emocións son necesarias, as emocións positivas como o optimismo, a ledicia e o bo humor son importantes pola contribución que ten no crecemento: os xuízos son máis benevolentes sobre un mesmo e os demais, lémbranse máis facilmente cousas boas, xéranse formas de pensamento máis flexibles, tendemos a ser máis creativos e imaxinativos, hai menos dúbidas e tardamos menos en tomar decisións.

Educar dende a ledicia e o bo humor non busca só a risa ou ledicia do momento, senón que queremos rir, estar alegres e felices a pesar das dificultades e iso, en calquera etapa da vida porque vivir en harmonía non significa vivir sen conflitos, senón saber resolvelos de forma axeitada.

Coma sempre, achégovos aquí unhas actividades para que traballedes cos vosos fillos e fillas, desta forma, compartiredes un bo momento con eles.

AdxuntoTamaño
10º-Buen Humor.pdf155.81 KB
amar_ficha_10_buen_humor.pdf369.18 KB