ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

SEMANA DO DÍA 8 AO 12 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA O LUNS 8 DE XUÑO

Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. 

Miramos no CALENDARIO o día que é hoxe (poden cantarvos a canción dos días da semana), o mes no que estamos, a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no  calendario  o tempo que fai, que seguimos na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer no SOL DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo.

PIDO UN DESEXO CO DENTE DE LEÓN

          

Todos sabemos que os Dentes de León poden ser máxicos,cando os atopamos se ao soprar pedimos un desexo, este pódensenos cumprir. Así que imos a intentalo.

Por iso hoxe propóñovos esta actividade.

Primeiro tedes que decorar o Dente de León que vos adxunto, logo pedir un  desexo e escribilo e a soprar con moitísima forzaaaa!!!

Para poder decorar o Dente de León podedes deixar a vosa pegada con rotulador, cera, con témpera, pintura soprada...Deixade voar a vosa imaxinación e a disfrutar!!

Si cando vaiades dando un paseíño coa vosa familia atopades algún, podedes mandarnos unhas fotiños con eles.

ACTIVIDADE IMPRESA Nº 35.

ACTIVIDADES PARA O MARTES 9 DE XUÑO

Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. 

Miramos no CALENDARIO o día que é hoxe(poden cantarvos a canción dos días da semana),o mes no que estamos, a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no  calendario  o tempo que fai, que seguimos na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer no SOL DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo.

NÚMEROS NOS ZAPATOS.

Agora que chegou o bo tempo, toca cambio de armario e damos boa conta das nosas medras, desta vez propóñovos que collades zapatos e fagades as súas siluetas. Podedes coller uns zapatos, tenis,...do ano pasado, uns deste ano e por suposto, comparalos...Tamén podemos facelo cos zapatos que atopemos pola casa( os de papá, os de mamá, os dos irmáns..) e comparar.

A cada silueta porémoslle o número do zapato que corresponda cunha tarxeta, para iso previamente teredes que facer as tarxetiñas dos números dos zapatos que escollerades previamente.

Escribirémoslle o número de zapato que corresponda, logo recortarémolas, decorarémolas e podemos xogar a ordenalas de maior a menor tamaño, de menor a maior...

ACTIVIDADE IMPRESA Nº 36. 

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 10 DE XUÑO

Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. 

Miramos no CALENDARIO o día que é hoxe (poden cantarvos a canción dos días da semana), o mes no que estamos, a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no  calendario  o tempo que fai, que seguimos na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer no SOL DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo.

GLOBO MÁXICO.

Para facer o experimento de hoxe precisades: 

1 Botella baleira.

1 Globo.

Vinagre.

Bicarbonato.

Embude.

1 Culler pequena.

Preparación:

Enchemos a botella con un pouco de vinagre, aproximadamente dous ou tres dedos.

Enchemos o globo con 2 culleradas de bicarbonato, para isto contamos coa axuda do embude.

Colocamos o globo na boca da botella, deixando caer o bicarbonato encima do vinagre, ehhhh…

Déixovos un vídeo do Experimento no seguinte enlace:https://www.youtube.com/watch?v=A-gEVEwiUv4

ACTIVIDADE IMPRESA Nº 37

ACTIVIDADES PARA O XOVES 11 DE XUÑO

Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. 

Miramos no CALENDARIO o día que é hoxe (poden cantarvos a canción dos días da semana), o mes no que estamos, a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no  calendario  o tempo que fai, que seguimos na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer no SOL DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo.

PIM PAU • PICA PEDRA (Xogo de Mans).

Déixovos o seguinte enlace para traballar tanto o ritmo como a psicomotricidade fina, https://www.youtube.com/watch?v=UQ34zIP3gsE

Espero que o disfrutedes e o pasedes xenial!!!

Podedes investigar, preguntando aos vosos pais,avós...se coñecen outro tipo de xogos de mans e enviarme as vosas propostas.

ACTIVIDADE IMPRESA Nº 38

ACTIVIDADES PARA O VENRES  12 DE XUÑO 

Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. 

Miramos no CALENDARIO o día que é hoxe(poden cantarvos a canción dos días da semana),o mes no que estamos, a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no  calendario  o tempo que fai, que seguimos na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer no SOL DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo.

TWISTER

Hoxe imos a xogar ao TWISTER.

Que  necesitamos?

Follas brancas

Tesoiras

Papel groso de catro cores diferentes.

Pegamento.

Procedemento:

Hoxe crearemos o noso propio twister. Coa axuda dun obxecto circular, marca os círculos de cada unha das cores, podes pedirlle axuda a un adulto. Logo recorta catro círculos de cada cor.

Recorta catro círculos de cada cor.

Seguidamente, podes pegalos nun papel continuo (opcional) ou no chan, de catro en catro, como podedes ver na seguinte imaxe.

Despois toca facer as tarxetas de instrucións. Recorta as siluetas das mans e dos pés que adxuntamos e logo colorea cada unha dunha cor (verde, azul, amarelo e vermello). Se queres, para evitar colorealas, podes imprimilas en papeis de cores.

Cando teñamos as siluetas feitas recordaremos as normas do xogo: deberá poñer a man e o pé na cor que lle toque. Unha vez está todo listo comezamos o xogo. Colocamos as tarxetas cara abaixo e, cada xogador, por quendas, vai sacando dúas ao azar e deberemos cumprir a consigna que nos toque.

ACTIVIDADE IMPRESA Nº 39

Xogade moito e a disfrutar deste tempo case de verán!!!

Moitos biquiños da profe!

AdxuntoTamaño
ACTIVIDADE DO DENTE DE LEÓN..pdf224.74 KB
HUELLAS TWISTER.pdf197.21 KB
ACTIVIDADE Nº 35 REPASA CON LAPIS E LOGO CON ROTULADOR A GRAFÍA DA LETRA O.pdf364.73 KB
ACTIVIDADE Nº 36 COLOREA O ROBOT.pdf253.42 KB
ACTIVIDADE Nº 37 COLOREA OS DEBUXOS CUXA INICIAL SEXA A LETRA O.pdf404.93 KB
ACTIVIDADE Nº 38 RELACIONA CADA ANIMAL CO SEU NÚMERO.pdf271.86 KB
ACTIVIDADE Nº 39 REPASA AS BURBULLAS CON LAPIS E COLOREA OS PEIXES.pdf352.82 KB