Estimadas familias e estimado alumnado, as tarefas para esta semana (8 - 12 de xuño) son as seguintes: Luns 8 de xuño: Estimadas familias, rogamos que revisedes as actividades do mércores 10 de xuño, pois queremos realizar un experimento e igual precisades algún material. Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. Pintade cada día como vos sentides. Así, cando remate este mes, poderedes ver como vos fóstedes sentindo ao longo do mesmo. Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica. Actividades impresas: hoxe traballaremos unha actividade de lectoescritura (documento adxunto) e unha actividade de lóxica matemática (documento adxunto). Faredes as actividades marcada como Actividade 1. Antes de facer a actividade 1 de lóxica matemática podedes practicar con este xogo de simetría: http://www.penyagolosaeduca.com/ca/pixel-art-simetrico/ PIDE UN DESEXO COS DENTES DE LEÓN. Todos sabemos que os dentes de león poden ser máxicos, cando os atopamos, se ao soplalos pedimos un desexo, este pódese cumprir. Por iso hoxe vos propoñemos esta actividade, na cal primeiro teredes que decorar o dente de león que vos adxuntamos, logo pedir un desexo e escribilo e, por último, soprar con moita forza. Para decorar o dente de león podedes deixar as vosas pegadas con témpera, debuxalos con rotuladores, ceras,…, pintura soplada, etc. Deixade voar a vosa imaxinación.
Se nas saídas que fagades atopades un dente de león podedes pedir un desexo e soplalo con moita forza tamén. Se queredes podedes mandarnos unha fotografía. Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando. Martes 9 de xuño: Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. Recordade pintar cada día como vos sentides na nosa flor das emocións do mes de maio. Así, cando remate este mes, poderedes ver como vos fóstedes sentindo ao longo do mesmo. Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica. NÚMEROS NOS ZAPATOS: Agora que chegou o bo tempo toca cambio de armario, e damos boa conta das nosas medras. Desta vez, propoñémosvos que collades zapatos e fagades as súas siluetas, podedes facelas en cartolinas ou papel e logo decoradalas, podedes coller uns do ano pasado e uns deste e comparar, ou tamén buscar pola casa zapatos de papá, mamá, irmáns, avós,…, e logo comparar.
A cada silueta, con unha tarxeta, porémoslle o número de zapato que corresponda. Logo recortaremos as siluetas e poderemos xogar a ordealas, de maior a menor, ou de menor a maior, por familias de números (poñendo o número que lle correspondería a cada zapato), intentar adivinar a que silueta lle correspondería cada zapato, etc. No documento adxunto familias e veciños deixo un recordatorio das familias dos números e dos veciños. Actividades impresas: hoxe traballaremos unha actividade de lectoescritura (documento adxunto) e unha actividade de lóxica matemática (documento adxunto). Faredes as actividades marcada como Actividade 2. Antes de facer a actividade 1 de lóxica matemática podedes practicar con este xogo http://www.penyagolosaeduca.com/ca/ordenar-heroes-segun-su-altura-3-10/ Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando. Mércores 10 de xuño: Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. Pintade cada día como vos sentides. Así, cando remate este mes, poderedes ver como vos fóstedes sentindo ao longo do mesmo. Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica. Actividades impresas: hoxe traballaremos unha actividade de lectoescritura (documento adxunto) e unha actividade de lóxica matemática (documento adxunto). Faredes as actividades marcada como Actividade 3 Hoxe faremos un experimento: GLOBO MÁXICO!!! Para facer o experimento de hoxe necesitades:
Preparación: 1. Enchemos a botella con un pouco de vinagre, aproximadamente dous ou tres dedos. 2. Enchemos o globo con 2 culleradas de bicarbonato, para isto contamos coa axuda do embude. 3. Colocamos o globo na boca da botella, deixando caer o bicarbonato encima do vinagre, e… 4. SORPRESA!!!! Esperamos que vos guste.
Deixovos tamén un vídeo do experimento. Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando. Xoves 11 de xuño: Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. Pintade cada día como vos sentides. Así, cando remate este mes, poderedes ver como vos fóstedes sentindo ao longo do mesmo. Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica. Actividades impresas: hoxe traballaremos unha actividade de lectoescritura (documento adxunto) e unha actividade de lóxica matemática (documento adxunto). Faredes as actividades marcada como Actividade 4. PIM PAU XOGO DE MANS: Hoxe deixámosvos o seguinte vídeo onde se traballa o ritmo, a psicomotricidade fina e a coordinación. Esperamos que o pasedes moi ben e que disfrutedes con este xogo de mans.
Se queredes podedes investigar que outros xogos de mans hai e enviarnos as vosas propostas. Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando. Venres 5 de xuño: Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. Pintade cada día como vos sentides. Así, cando remate este mes, poderedes ver como vos fóstedes sentindo ao longo do mesmo. Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica. HOXE XOGAREMOS AO TWISTER: Necesitamos: Follas brancas de papel. Tesoiras. Papeis de catro cores diferentes (verde, azul, amarelo e vermello). Pegamento. Procedemento: Hoxe crearemos o noso propio twister. Coa axuda dun obxecto circular, marca os círculos de cada unha das cores, podes pedirlle axuda a un adulto. Logo recorta catro círculos de cada cor.
A continuación, podes pegalos nun papel continuo (opcional) ou no chan, de catro en catro, como se mostra na seguinte imaxe.
Despois tocarache facer as tarxetas de instruccións. Recorta as siluetas dos mans e dos pés que adxuntamos e logo colorea cada unha dunha cor (verde, azul, amarelo e vermello). Se queres, para evitar colorealas, podes imprimilas en papeis de cores. Cando teñamos as siluetas feitas recordaremos as normas do xogo: deberá poñer a man e o pé na cor que lle toque. Unha vez está todo listo comezamos o xogo. Colocamos as tarxetas cara abaixo e, cada xogador, por turnos, vai sacando dúas ao azar e deberemos cumplir a consigna que nos toque. Se queredes podedes complicar un pouco máis o xogo, poñendo dereita e ezquerda nas tarxetas. A pasalo xenial!! FAI O TEU AUTORRETRATO! Hoxe tócanos debuxarnos o nós mesmos, para iso deberemos mirarnos ben nun espello e prestar moita atención. Logo faremos o noso autorretrato. (Documento adxunto) Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando. Esta semana non deixo actividades de ampliación. O máis importante na vida dun neno é o xogo e o movemento, polo que xogade, xogade moito con eles. Tamén podedes leer un anaquiño todos os días, a hora de ir para a cama é un bo momento. Se tendes calquera dúbida coas actividades poñédevos en contacto con nós a través do mail da aula: abanqueiroinfantil5anos@gmail.com
Un saúdo e un abrazo da profe.
|
|||||||||||||||||