Bo día familias! Esta semana imos traballar o compromiso. O compromiso, é a capacidade que temos as persoas para tomar conciencia da importancia de cumprir con algo que pactamos con anterioridade. Cando nos comprometemos con algo ou alguén, somos conscientes de todas as implicacións que isto supón e estamos aceptando a responsabilidade de levar a cabo e cumprir aquilo co que nos comprometemos. O compromiso axuda a tranformar unha promesa en realidade a pesar das adversidades, fainos esforzarnos ao máximo para conseguir os nosos obxectivos. Como xa sabemos, os nenos non nacen aprendidos, hai que guialos na súa aprendizaxe. Non nos sorprende ver como un neno se implica nalgunha tarefa, está de acordo en levala a cabo e ao momento xa non queren facela ou déixana a medias. Moitas veces non son capaces de ver as consecuencias das súas decisións, non se dan conta que renunciar a un compromiso adquirido ten repercusións nel e nos demais. Algún consello para ensinar o valor do compromiso sería:
Espero que gocedes coas actividades que vos achego. Unha aperta para tod@s!!
|
|||||||||