Estimadas familias e estimado alumnado, as tarefas para esta semana (1 - 5 de xuño) son as seguintes: Luns 1 de xuño: Estimadas familias, rogamos que revisedes as actividades do mércores 3 de xuño, pois queremos realizar un experimento e igual precisades algún material. Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes (recordade que hoce comenza un mes novo), o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. Cambiamos de mes e temos calendario (documento adxunto) Tamén temos nova actividade das emocións (documento adxunto). Pintade cada día como vos sentides. Así, cando remate este mes, poderedes ver como vos fóstedes sentindo ao longo do mesmo. Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica. Actividades impresas: hoxe traballaremos unha actividade de lectoescritura (documento adxunto) e unha actividade de lóxica matemática (documento adxunto). Faredes as actividades marcada como Actividade 1. "UN PUÑADO DE BOTONES" Levamos moitos días pasando os días en familia, polo que hoxe queremos facerlle unha pequena homenaxe a través deste conto: Logo de visionar o conto faremos unha pequena representación da nosa familia, tal e como vedes na seguinte imaxe. Podedes empregar a casa que vos deixo no documento adxunto nomeado como Un puñado de botones. Imaxe cedida por coleccionandocuentos.blogspot.com Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando. Martes 2 de xuño: Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. Recordade pintar cada día como vos sentides na nosa flor das emocións do mes de maio. Así, cando remate este mes, poderedes ver como vos fóstedes sentindo ao longo do mesmo. Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica. BINGO DE NOMES. Hoxe trátase de facer un bingo de nomes. Para iso debedes recortar as letras así como as tarxetas dos nomes que vos deixo nun documento adxunto nomeado Bingo de nomes. Unha vez teñades as letras e as tarxetas comezamos!! Cada xogador ou xogadora elixirá varios nomes, cun máximo de catro. Trátase de que os xogadores vaian sacando letras, por turnos, digan o seu nome e o seu son, e logo colorear a letra que saíu, se a temos nos nomes que nos tocaron. O que complete o nome cantará NOME, e o que complete todos os nomes cantará BINGO! Esperamos que disfrutedes moito con esta actividade. Actividades impresas: hoxe traballaremos unha actividade de lectoescritura (documento adxunto) e unha actividade de lóxica matemática (documento adxunto). Faredes as actividades marcada como Actividade 2. Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando. Mércores 3 de xuño: Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes (recordade que hoce comenza un mes novo), o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. Cambiamos de mes e temos calendario (documento adxunto) Tamén temos nova actividade das emocións (documento adxunto). Pintade cada día como vos sentides. Así, cando remate este mes, poderedes ver como vos fóstedes sentindo ao longo do mesmo. Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica. Actividades impresas: hoxe traballaremos unha actividade de lectoescritura (documento adxunto) e unha actividade de lóxica matemática (documento adxunto). Faredes as actividades marcada como Actividade 3. Hoxe faremos un experimento: CHOIVA DE CORES!! Para facer o experimento de hoxe necesitades:
Preparación:
Esperamos que vos guste!
Deixovos tamén un vídeo do experimento:
Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando. Xoves 4 de xuño: Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes (recordade que hoce comenza un mes novo), o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. Cambiamos de mes e temos calendario (documento adxunto) Tamén temos nova actividade das emocións (documento adxunto). Pintade cada día como vos sentides. Así, cando remate este mes, poderedes ver como vos fóstedes sentindo ao longo do mesmo. Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica. Actividades impresas: hoxe traballaremos unha actividade de lectoescritura (documento adxunto) e unha actividade de lóxica matemática (documento adxunto). Faredes as actividades marcada como Actividade 4. Antes de facer a actividade 4 de lóxica matemática podedes practicar con este xogo de reparto para que haxa equivalencia entre os conxuntos: http://www.penyagolosaeduca.com/ca/sirve-la-misma-cantidad-de-huevos-fritos-que-el-plato-de-al-lado-1-5/ PINTA LA PINZA: Hoxe queremos unirnos a unha iniciativa solidaria, PINTA LA PINZA. Clica no seguinte enlace e descubre de que se trata. Animámosvos a que decoredes as vosas pinzas para colaborar con esta iniciativa. Aqueles que se animen mandádenos ao mail da aula as fotos das vosas creación e nós remitirémosllas aos organizadores desta iniciativa. Dada a protección de datos é mellor que na fotografía non saia o neno ou a nena. Deixámosvos tamén o enlace a instagram para que poidades coñecer un pouco máis desta iniciativa: https://www.instagram.com/pintalapinca/?utm_source=ig_embed Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando. Venres 5 de xuño: Rutinas: Igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes (recordade que hoce comenza un mes novo), o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola. Cambiamos de mes e temos calendario (documento adxunto) Tamén temos nova actividade das emocións (documento adxunto). Pintade cada día como vos sentides. Así, cando remate este mes, poderedes ver como vos fóstedes sentindo ao longo do mesmo. Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica. “IMOS DE EXCUSIÓN”: A estas alturas estaríamonos preparando para realizar unha saída, pero dada a situación actual temos que facela dunha maneira moi especial. Podedes coller as vosas mochilas coas merendas e as gorras, pois está facendo moito sol e “sairemos” a disfrutar do Aquarium Finisterrae da Coruña. Como este ano estivemos traballando o mar, pareceunos unha moi boa idea poder “visitar” este lugar. Iso si, como xa vos supoñedes a visita terá que ser virtual, a través de diferentes vídeos que o Acuarium Finisterrae nos ofrece dende a súa canle de Youtube. Eu vouvos a deixar o enlace dun vídeo onde nos fala duns animais moi curiosos, vouvos a dar unhas pistas, teñen oito patas, unha cabeza, dous ollos, tres corazóns e… ata sangue de cor azul!! Sabedes de que se trata? Moi ben dos polbos!! Clicade no enlace e gozade con este vídeo. Despois de ver o vídeo dos polbos podedes seguir investigando pola súa páxina de Youtube, onde poderedes ver vídeos de focas, estrelas de mar,… PASADE UN DÍA DIVERTIDO DE EXCURSIÓN!! Deixámosvos tamén o enlace a varias actividades que proponen dende a páxina dos Museos Científicos Coruñeses. Podedes votarlle un ollo e gozar con elas. HOXE… ZUMBA!!! E como non, en venres non podía faltar algo de movemento. Clicade no vídeo e pasádeo moi ben ao tempo que facedes deporte. Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor forma de aprender é xogando. Deixo unha serie de actividades de ampliación por se as queredes facer, aínda que eu non as recomendo, pois xa bastante traballo teñen coas actividades que deixamos propostas. Recordade que nós na aula non facemos máis de dúas actividades impresas diaria. (Documento adxunto, actividades de ampliación) O máis importante na vida dun neno é o xogo e o movemento, polo que xogade, xogade moito con eles. Tamén podedes leer un anaquiño todos os días, a hora de ir para a cama é un bo momento. Recordade que, tal e como dixemos no abalar, a partir desta semana non poñemos actividades obrigatorias, pero teñen que facer, das que propoñemos, como mínimo tres, para seguir en contacto coas dinámicas da escola. Se tendes calquera dúbida coas actividades poñédevos en contacto con nós a través do mail da aula: abanqueiroinfantil5anos@gmail.com
Un saúdo e un abrazo da mestra.
|
|||||||||||||||||||