Traballo para o luns e correccións.

Bos días chic@s!

Que tal? Que tal o fin de semana?

Esta semana, como dixen a través de abalar, imos organizar o traballo dun xeito diferente, esquecendo as materias que temos no horario de clase.

Para mañá luns tócanos unha nova entrega dos "relatos en cadena". Lembrade que como máximo terán 100 palabras e deben manter a estrutura do relato aparecendo un problema e resolvéndose dalgún xeito. Como fixemos a semana pasada, a actividade queda aberta a todas as persoas que queirades que leamos o voso relato, independentemente do grupo que envía para corrixir. Escolleremos o que máis vos gusta o martes, polo que tedes ata o luns á noite para envialos.

Hai dous posibles comezos do relato:

"Había que buscar la otra puerta, ya que esta solo era de ida".

"Solo los gnomos pueden viajar entre dimensiones".

Escollede a que máis vos apeteza, e a escribir!

Ademais tedes que facer as dúas fichas, unha de lengua e outra de lingua, que enviei a semana pasada.

Envía para corrixir o grupo 2.

Esta semana non hai material para imprimir.

Adxunto as correccións do traballo de xoves e venres.

Un saúdo!

AdxuntoTamaño
Corrección lingua páxina 183.pdf5.19 KB
Corrección matemáticas página 169.pdf17.88 KB
Corrección comprensión lectora páxina 180.pdf5.26 KB