ACTIVIDADES INGLÉS MARTES 26

Good morning!

Imos comezar a empregar unha nova ferramente dixital para traballar dende a casa. Podedes acceder a ela dende un ordenador, tablet ou teléfono móbil. Chámase Snappet e cada alumno tedes habilitado un usuario e un contrasinal que enviei aos vosos pais por Abalar.

Para acceder hai que entrar en: 

SNAPPET

Ides acceder a unha pantalla na que aparece o nome das materias e pulsando sobre inglés as leccións que eu lles asigne. SOAMENTE tedes que facer a lección que eu avise a través da páxina web do colexio, como ata agora, poden aparecer outras leccións pero non serían para facer todas xuntas, así que esperade a que eu vaia dando as indicacións na web.

A lección de hoxe serviravos para repasar verbo TO HAVE GOT relacionado cos animais.

A través desta aplicación eu irei vendo a evolución dos alumnos e onde teñen máis dificultades. Calquera dúbida xa sabedes que podedes contactar conmigo no correo ceipabanqueiro@gmail.com

Espero que vos guste!