TALLER DE INTELIXENCIA EMOCIONAL

Bo día apreciadas familias! 

Esta semana no noso taller imos traballar a VONTADE:

Conseguir que os nenos  sexan capaces de controlar a súa forza de vontade e teñan a capacidade  e a preparación para afrontar as dificultades e os retos de cada día, non é tan fácil, aínda que se educamos neste senso dende pequeniños, non será tan difícil.

Os nenos deben aprender a dominar os seus impulsos, desexos e vontades dende ben pequenos. Aprenderán a controlarse e a esforzarse para alcanzar o que se propoñan. Para iso é moi importante que coñezan as súas fortalezas. É necesario esixirlle capacidade de traballo e esforzo.

Déixovos aquí unhas actividdes para traballar e reflexionar.

Un abrazo forte!

AdxuntoTamaño
8º-Voluntad.pdf203.93 KB
amar_ficha_08_voluntad.pdf270.8 KB