ACTIVIDADES PARA A SEMANA DOS DÍAS 25 AO 29 DE MAIO ACTIVIDADES PARA O LUNS 25 DE MAIO Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. Primeiro rodeamos no CALENDARIO o día que é hoxe (poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no calendario o tempo que fai. Tamén lles recordamos que estamos no mes de maio, que seguimos na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer na FOLLA DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo. O COLORIDO MUNDO DE.... Nesta ocasión temos unha sorpresiña para os pequenos/as. Os protagonistas van a ser eles. Para a realización desta actividade precisamos da axuda dos adultos. Deberedes entrar no seguinte enlace https://hurraheroes.com/libro-colorear-todas-estaciones e seguir os pasos . Unha vez rematado o proceso chegaravos o conto ao correo electrónico que puxerades anteriormente. Teriádelo que imprimir e a disfrutar del. ACTIVIDADE IMPRESA Nº 26( será obrigatoria). ACTIVIDADES PARA O MARTES 26 DE MAIO Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. Primeiro rodeamos no CALENDARIO o día que é hoxe (poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no calendario o tempo que fai. Tamén lles recordamos que estamos no mes de maio, que seguimos na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer na FOLLA DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo. BOLSA MISTERIOSA
Necesitamos: 1 bolsa Obxectos de diferentes formas: circular, triangular, cadrada, rectangular... Logo metemos na bolsa os diferentes obxectos sen que o neno/a nos vexa. O neno/a mete a man cos ollos pechados e remove; colle un obxecto e sen quitalo, intente adiviñar de que obxecto de trata( de que forma é). Por último quita o obxecto da bolsa e comproba se a hipótese que fixera nun principio era a correcta. Tamén deben buscar pola casa algún obxecto que teña a mesma forma que o obxecto que quitara da bolsa.( actividade obrigatoria). Para realizar esta actividade, na táboa deben debuxar debaixo de cada forma o obxecto que sacaron da bolsa e logo o que atoparon pola súa casa que tivera a mesma forma. ACTIVIDADE IMPRESA Nº 27( será obrigatoria). ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 27 DE MAIO Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. Primeiro rodeamos no CALENDARIO o día que é hoxe (poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no calendario o tempo que fai. Tamén lles recordamos que estamos no mes de maio, que seguimos na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer na FOLLA DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo. Hoxe toca Experimento.
LÁMPADA DE LAVA: neste experimento os nenos/as divertiranse e aprenderán moitísimo investigando sobre a flotabilidade, a densidade e a solubilidade. Materiais: Un tarro ou un vaso alto. Auga. Aceite. Sal. Colorante. Unha culler. Procedemento: Enche o tarro con tres cuartas partes de auga. Bota unhas gotas de colorante e remove para que se mesture máis rapidamente coa auga. O efecto “lava” apreciarase mellor si pos pouco. Engade aproximadamente un dedo e medio de aceite. Se queres facer os tres pasos anteriores en distinta orde non haberá ningún problema. Espera a que o aceite se sitúe sobre a auga e a lámpada de lava xa estará lista. Para que funcione engade unha cullerada de sal. Ademais déixovos un vídeo de youtube para ver como se leva a cabo o experimento: https://www.youtube.com/watch?v=n0hW6aHZUcQ ACTIVIDADE IMPRESA Nº 28( de carácter obrigatorio). ACTIVIDADES PARA O XOVES 28 DE MAIO Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. Primeiro rodeamos no CALENDARIO o día que é hoxe (poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no calendario o tempo que fai. Tamén lles recordamos que estamos no mes de maio, que seguimos na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer na FOLLA DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo. Que vos parece se nos animamos a facer hoxe XIZ LÍQUIDO? De que se trata? De pintura de xiz para usar non so sobre pizarras, senón tamén sobre o asfalto, as aceras,... Materiais Amidón de millo (Maicena) Auga Témperas, colorantes alimenticios ou acuarelas líquidas. Como facer xices líquidos? O procedemento é moi sinxelo. Preparamos tantos recipientes (por exemplo, vasos dun so uso) cantas cores queremos facer, e enchémolos ata aproximadamente a metade con almidón de millo( Maicena). Engadimos o colorante elixido (as témperas non manchan pero as cores resultan máis claras, cos colorantes alimenticios e as acuarelas as cores son máis intensas). Imos botando pouco a pouco auga, removendo cunha culler, ata que a mestura tome unha consistencia parecida á masa de tortiñas americanas, líquida pero algo densa, coma un batido de plátano. A nosa pintura xa está lista! Estes xices líquidos lávanse facilmente con auga, polo que son perfectos para facer actividades ao aire libre. Podedes animarvos a facer a vosa propia produción, as vosas obras de arte e enviarnos unhas fotiños. ACTIVIDADE IMPRESA Nº 29( de carácter obrigatorio). ACTIVIDADES PARA O VENRES 29 DE MAIO Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. Primeiro rodeamos no CALENDARIO o día que é hoxe (poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no calendario o tempo que fai. Tamén lles recordamos que estamos no mes de maio, que seguimos na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer na FOLLA DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo. Hoxe imos a practicar un XOGO DE ATENCIÓN CON MOVEMENTO. Para elo imos a practicar da man da profe Berena( Mestra de Educación Física no CPI de Pontecesures). Para iso déixovos o seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=sOrgCp1ZOI8 Podedes adaptarlle o exercicio á capacidade do neno/a, é dicir, se vedes que se lle fai complicado e non son capaces de realizar os catro movementos que nos propón no vídeo, podedes reducirllo a dous ou a tres. Ou tamén comezar por dous ou tres movementos e logo ir sumando. ACTIVIDADE IMPRESA Nº 30( de carácter obrigatorio). Xogade moito e a disfrutar deste tempo case de verán!!! Moitos biquiños da profe! |
|||