A semana pasada as mestras deixáronnos unha actividade ben chula. Pedíronnos que fixéranmos un arco da vella nun vaso!! Nun vaso!! Nós pensamos que iso non era posible, pero aínda así puxémonos mans á obra. Quedáronnos uns arcos da vella preciosos, os cales vos deixamos recollidos no seguinte vídeo, onde ademais de ver as nosas creacións poderedes escoitar un poema de Manuel María, O arco da vella, poema incluído no seu libro Os soños na gaiola. Esperamos que vos guste. |
|||