Friday, 22nd of May Good morning! How are you? Para a semana faremos de novo unha breve vídeoconferencia para correxir xuntos un par de exercicios que vos quedan aquí adxuntos na publicación, e rematar así o repaso da Unit 2. Aproveitade para anotar dúbidas e repasar ben o vocabulario, e por favor lede ben os exercicios e repasade o vocabulario do libro, xa sabedes que se contestamos a correr ou sen fixarnos ben non aprendemos. A conferencia será o MARTES 26, co mesmo horario da anterior: Aula_ DE_ shadiA - Isaac, Daniel, Fredo, Mario, Sara, Paula : 12:00 - 12:30 h - Iker, Andrea, Sarai, Nando: 12:30- 13:00 h - Hugo, Santi, Jorge, Rubén: 17:00 Tedes que traer os exercicios contestados á conferencia, e correxímolos xuntos. Mirade ben que de novo é completar un texto cunhas opcións que nos dan, e logo escribir pregunta e resposta "What's he doing?" (que está él facendo?) "He is......". E fixádevos ben, para poñer HE or SHE. Deixo tamén aquí o link para un xogo interactivo online por se vos apetece facer algo divertido este finde para repasar English: Tedes que darlle ao PLAY e podedes escoller dende Verbs 1 ata Verbs 7 para practicar co -ing. Aparecen unhas nubes con palabras, e temos que ordenalas para facer ben unha frase. Non ides coñecer todos os verbos, pero podedes utilizar un dicionario, e ademáis ter en conta o seguinte, que as frases en English sempre comezan por un pronome (He, She, We...) e logo atópase o verbo. Como os verbos están en -ing as frases case sempre comezan así: HE IS *VERB - ing* (e logo poden vir sustantivos ou adverbios por exemplo) THEY ARE TALKING SHE IS EATING A CAKE HE IS SLEEPING ON THE SOFA Intentádeo! A ver cantas frases podedes ordenar ben. See you next week!
|
|||||||