Formalización de Matrícula (só para o alumnado de novo ingreso no centro) Para aqueles que participaron no proceso de Admisión de Alumnado correspondente ao curso 2021-2022 (Novas matrículas no centro) e obtiveron praza, poden pasar polo centro para a formalización da matrícula. Para elo deberán entregar a documentación que non axuntaran á solicitude e cubrir e asinar o impreso axunto a este post. Para entregar este documento será necesario CITA PREVIA POR VIA TELEFÓNICA co fin de evitar aglomeracións. Tamén Este curso establece pouco máis dunha semana para a entrega desta documentación pero como temos varios procesos de entrega de documentos aberto e co fin de evitar esas aglomeracións poderán entregala xa durante o mes de xuño, lembren, sempre previa cita telefónica.
|
|||||||