Fondo Solidario e Axudas de Material Escolar Publicada a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2024 (este incluído). Ao igual que en anos anteriores, a adxudicación vai en función da Renda Per Cápita da Unidade Familiar, lembrando que o teito das axudas está en 6000€ e 10000€ en cada un dos grupos. Con renda inferior a 6.000€ o importe do vale de material ascende a 75€ e o vale de libros a 240€ (ou libros do fondo), se fose inferior a 10.000€ corresponderíalle un vale de material de 60€ e de libros por importe de 160€ (ou libros do fondo). Os vales de libros soamente son para o alumando de 1º e 2º de primaria. Existen dous xeitos de presentala: -Sede Electrónica. Deberán acceder ao procedemento ED330B da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, cubrir a solicitude e enviala. -Presencial. Deberán imprimir a solicitude axunta a este post (ANEXO I e ANEXO II asinados), cubrila e asinala correctamente e presentar esta solicitude xunto coa copia do libro de familia e, de ser o caso, a documentación complementaria que necesite axuntar neste centro educativo PREVIA CITA POR VÍA ONLINE* ou telefónica. Tamén poden pasar a recoller os impresos na secretaría deste centro. NOTA: Este acurso hai pequenas variacións en canto ao que se consideran membros computables da familia e, no caso de ter que facer enmendas á documentación, deberán ser presentadas obrigatoriamente a través da Sede Electrónica. Nota: Lembren que aqueles que xa teñan libros pertencentes ao Fondo de Libros, deberán devolvelos na súa totalidade e en bo estado cando finalice este curso para poder recibir os vales. Establécese como condición indispensable.
Documentación a presentar:
Prazos de interese:
*Co fin de garantir que non existan aglomeracións.
|
|||||||||||||