ABC_ English alphabet

Hello!

How are you?

Escoitastes as cancións tan chulas do ABC en English? Espero que vos gustasen! Agora, mirade este vídeo que vos deixo neste link para saber cal é a tarefa desta semana:

LEARNING ABC WITH THE TEACHER

Esta semana comezaremos por... the letter A ! (que en English se chama "ei") que xa a coñecedes na palabra APPLE. Para facer a ficha da letra A, necesitamos folios ou cartulina branca, lapis e goma, tesoiras, rotulador negro (millor se é permanente), rotuladores de cores, pegamento, e papel de cores.

1-> Collemos o papel da cor que nos guste. Para a mazá, podemos usar the color RED or GREEN (vermello ou verde). Co lapis ou co rotulador, os nenos e nenas teñen que facer a silueta da mazá, como poidan que non é necesario que salga perfecta a silueta (para os de 3 anos podedes axudarlles un pouco se resulta complicado). Logo a recortamos con coidado.

2 -> Pegamos a silueta na parte superior do papel, e co lapis ou cos rotuladores de cores facémoslle algún adorno á mazá, coma o rabo e unha folla pequena.

3 -> A continuación escribimos dentro da mazá the letter A. Os nenos e nenas de 4º e 5º de Infantil farana en maiúscula e os de 6º poden tentar facer  maiúscula e minúscula. 

4 -> E para rematar, debaixo da mazá escribiremos con lapis ou con rotuladores de cores a palabra APPLE, e de novo os máis cativos escribirán a palabra en maiúsculas e os de 5 anos poden escoller escribir a palabra só en maiúscula ou tamén en minúsculas.

Tadaaaa! Aquí temos a nosa ficha de A from APPLE

Pero.... hai outra palabra que tamén comeza pola letter A... 

ANT, que é como se di FORMIGA en English.

Non tedes que facer as dúas fichas se non queredes, pero así podedes escoller vós cal das dúas facer; podedes escoller facer a ficha da APPLE ou a ficha da ANT.

Of course, se non tedes papel de cores, outra opción é facer directamente un debuxo dunha mazá no folio, e logo poñer o nome. Improvisade co que teñades na casa!

Enjoy it!