Xa levamos bastante tempiño nas nosas casas e, ainda que agora xa podemos saír a dar un paseo, nunca está demais facer un pouquiño de deporte nas nosas casas. Nas semanas anteriores, as mestras de infantil, deixáronnos un vídeo moi chulo de Berena Fontela, unha mestra de educación física do CPI de Pontecesures, no que nos invitaba a facer deporte con cousas cotiás que podemos ter nas nosas casas. Depois de ver o vídeo puxémonos mans á obra e fixemos actividades tan chulas como as que se mostran nos dous vídeos seguintes. Esperamos que vos guste tanto como nos gustou a todos nós. Un saúdo e unha aperta para todos. |
|||