Monday, 18th of May Good morning! How are you? Are you enjoying spring time? Estes días imos repasar un pouco o vocabulario da Unit 2, e para iso tedes que facer a seguinte actividade: Tedes aquí dúas imaxes, PICTURE A e PICTURE B, nas que saen as personaxes do libro de inglés facendo cousas. Podemos repasar de novo as frases e as palabras da primeira páxina e as da páxina 19 (uncle, auntie, biscuit, etc). Vemos que en cada imaxe saen facendo cousas distintas, polo tanto temos que comparalas. Para falar de cada personaxe, temos os seus nomes na páxina principal do libro, pero tamén podedes miralos aquí nesta imaxe: Podemos ver que nas imaxes saen Sophie, Lucy, Sam, Carla, e o seu Grandpa (ou grandfather) e a súa Grandma (granny, grandmother). Con todos estes datos, o que faremos é escribir o que está facendo cada un en cada imaxe, poñendo o nome da personaxe e unha frecha, e a continuación escribimos a descrición. Mirade ben o meu exemplo: Sophie -> In picture A, she is drinking but in picture B, she is eating a banana. Grandpa -> In picture A, he is ________________ but in picture B, Grandma is ______________. ... (e así con todos) ... Seguide ben o meu exemplo e copiades o que fixen eu pero cambiando o que toque cambiar. Por exemplo se a personaxe é masculina, en vez de She poñemos He, e se está bebendo un vaso de leite, teremos que poñer "He/she is drinking a glass of milk" ... Temos todo o que necesitamos saber no libro. Lembrade que é moi importante ler ben e fixarnos nas cousas, e mirade que temos que poñer SEMPRE o pronome, e o verbo como corresponde. Cando teñades as frases anotadas, sacade foto e enviades as respostas ó meu correo. Se non entendedes ben e tedes problemas, anotades as dúbidas para preguntarme por email ou a semana que vén na conferencia online que faremos todos para facer máis actividades. See you! |
|||