Xa hai uns días que as mestras nos deixaron o conto Aínda nada de Kalandraka, no cal o señor Luís cavaba un burato enorme na terra e plantaba unha semente. Todos os días ía mirar se a semente brotaba. Ata que un día... naceu unha fermosa flor que..., levou o paxaro!, e cando o señor Luís foi a mirar volveu a dicir AíNDA NADA! Despois deste conto, as mestras deixáronos unha actividade ben chula, pedíronnos que nós tamén plantásemos unha semente. Se queredes ver os resultados clicade no vídeo e veredes os nosos resultados. |
|||