Let's dress our web with flowers!! Hello again! How are you doing? Para esta semana imos traballar algo de fotografía, spring photography! O que quere dicir que imos fotografiar a primavera: flores, prantas, cores alegres... Xa que agora podemos ir de paseo, e de momento acompáñanos o bo tempo, aproveitaremos para practicar un pouco de fotografía buscando elementos da natureza presentes na primavera: Pediremos prestado un teléfono móbil (ou unha cámara dixital; o que vos resulte máis cómodo xa que logo temos que enviar as fotos por correo) e exploraremos os arredores das vosas casas e xardíns para experimentar coa fotografía. Be creative! Animádevos e traballade a vosa creatividade! Planos orixinais, zoom, mesturar persoas +natureza, animais +natureza...e se sodes mañosos e sabedes de aplicacións do móbil, incluso unha montaxe como esta!: Of course, podedes pedirlle axuda a un adulto se tedes dificultades facendo as fotos. You have to pick two pictures and send them to my email. Logo, escollede dúas fotos, as que máis vos gusten, para envialas ó meu email. Enjoy it! |
|||