ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL EN INFANTIL. SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO.

 

Boas de novo familias! Como levastedes a semana? Espero que vos atopedes todos ben, e que disfrutárades do fin de semana.

Coma sempre, vos fago unha proposta semanal de tarefas para estimular a linguaxe oral dos vosos pequenos/as. Esta explicado nos documentos adxuntos. Non é necesario imprimilos, e como sempre vos digo, son tarefas voluntarias, pero moi divertidas. 

O conto desta semana xa é moi coñecido por todos e todas. Animade ós nenos/as a que volo conten eles.

Recórdovos o correo que estamos empregando estes días por se necesitades resolver dúbidas, consellos, orientacións ou ideas: orientacionabanqueiro@gmail.com

Calquera cousiña estamos en contacto.

Un saúdo: A mestra de Audición e Linguaxe Bea.

AdxuntoTamaño
ESTIMULACION DA LINGUAXE ORAL. A que sabe a Lúa.pdf1.02 MB
CF empieza por el sonido...L blanco (1).pdf2.21 MB