Bos días! Que tal o fin de semana? Agardo que ben. O traballo para mañá será de: - Lengua: Palabras coloquiales. Leer el recuadro rosa de la página 177 y hacer los ejercicios 1, 2, 3, 4 y 5. - Matemáticas: Página 146. Recuadro azul y ejercicios 1 y 2. - Lingua: Ler páxina 166 os apartados que falan das clases de oracións segundo a intención do falante e segundo o número de verbos. Completar o esquema que adxunto e facer os exercicios 1 e 2 da páxina 167. - Sociais: Continuamos coa arte, achegándonos á figura de Goya, un pintor moi importante da historia da arte española. Ides ver un vídeo no que explican a súa vida. Fixádevos en como o que lle ocorre na vida condiciona a súa forma de pintar. Por certo, Goya foi pintor da corte de Carlos IV e Fernando VII. Sónanvos, non? E viviu e pintou aspectos relacionados coa Guerra da Independencia. Isto aparece tamén recollido no vídeo, así que vos servirá para relacionar todos estes aspectos. https://www.youtube.com/watch?v=lnhNGjV8k4U Entrega para corrixir o grupo 2. Adxúntovos o material para imprimir para esta semana. Saúdos!
|
|||||||||||||||||