ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

ACTIVIDADES PARA O LUNS 11 DE MAIO

Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. 

Primeiro rodeamos no CALENDARIO o día que é hoxe (poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no  calendario  o tempo que fai. Tamén recordamos que xa comezou o mes de maio, que seguimos na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer na FOLLA DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo.

Hoxe toca CONTO, deixámosvos un novo recurso onde atoparedes un montón de contos. Para iso deberedes visitar a páxina Web de Kalandraka TV, elixide o conto que máis vos guste. Logo deberedes escoller unha das actividades da batería de actividades que aínda non fixerades.( Tarefa obrigatoria)

Aquí vos deixo o enlace: http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33

ACTIVIDADE IMPRESA Nº 16( será obrigatoria).

NOTA: REVISADE A ACTIVIDADE DO EXPERIMENTO PROPOSTA PARA O MÉRCORES, POIS ESE DÍA FAREMOS UN EXPERIMENTO E IGUAL NECESITADES MERCAR ALGÚN MATERIAL.

ACTIVIDADES PARA O MARTES 12 DE MAIO  

Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. 

Primeiro rodeamos no CALENDARIO o día que é hoxe (poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no  calendario  o tempo que fai. Tamén recordamos que xa comezou o mes de maio, que seguimos na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer na FOLLA DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo.

PERCHA E PINZAS!!!

Imos a realizar unha actividade de lóxica - matemática, para elo vamos a volver a precisar o dado, que tanto uso lle estamos dando ultimamente. O neno/a debe tirar o dado e poñer na percha tantas pinzas como indica o dado. Podedes repetir tantas veces como queirades. Déixovos un arquivo adxunto no que xa pon o número de cada tirada e ao lado deben escribir, poñer puntiños... das pinzas que colocaron de cada vez( Tarefa obrigatoria).

ACTIVIDADE IMPRESA Nº 17( será obrigatoria).

ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES  13 DE MAIO  

Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. 

Primeiro rodeamos no CALENDARIO o día que é hoxe (poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no  calendario  o tempo que fai. Tamén recordamos que xa comezou o mes de maio, que seguimos na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer na FOLLA DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo.

EXPERIMENTO: ARCO DA VELLA

Recrearemos un arco da vella nun vaso.

Para iso imos precisar:

Vaso transparente ou bote

Mel

Xabón neutro

Auga

Aceite

Alcol

Colorante alimentario ou témperas

Xeringa ou pipeta

O primeiro que temos que facer é mesturar o mel cunhas gotas de colorante vermello e azul( para obter a cor púrpura, e reservámolo.

Logo mesturamos xabón neutro con colorante azul.

Seguidamente toca mesturar auga con colorante verde( conseguímolo co azul e o amarelo).

A continuación mesturarase o alcol co colorante vermello.

Por último vertemos o mel tinxido no bote ou vaso.

Agora toca ir incorporando cada unha das mesturas que fixemos con anterioridade.Debemos verter enriba do mel o xabón, logo a auga( podedes botala cunha xeringa ou pipeta). Despois engadimos aceite e por último vertemos o alcol tinxido....Xa temos o noso ARCO DA VELLA. Tede moito coidado ao mesturar non mover o bote.

Enlace: https://www.youtube.com/watch?v=fSAPPblunPM

Logo de realizar o EXPERIMENTO, imos facer unha actividade impresa, na que cada neno/a debe colorear cada liña  na orde correspondente do Arco da vella, como fixemos no Experimento. Arquivo adxunto.

ACTIVIDADE IMPRESA Nº 18( de carácter obrigatorio). 

ACTIVIDADES PARA O XOVES  14  DE MAIO

Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. 

Primeiro rodeamos no CALENDARIO o día que é hoxe (poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no  calendario  o tempo que fai. Tamén recordamos que xa comezou o mes de maio, que seguimos na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer na FOLLA DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo.

GALERÍA EN CUARENTENA

O MUSEO GETTY  iniciou esta divertida proposta que lanzou ao mundo a imitar obras de artistas tan famosos  Munch, klimt, Warhol e ata Banksy.  A intención é que vos tamén representedes as vosas obras artísticas, podedes elixir entre outros artistas famosos como poden ser Van Gogh, , Da Vinci, Matisse...Así mesmo podedes botar unha ollada entre outros  artistas máis achegados a nós como pode ser Seoane, Maruja Mayo, Laxeiro, Alfonso Costa... 

Deixámosvos varios exemplos de obras representadas por persoas que se sumaron a este reto.

             

             

    

Ademais deixámosvos algúns enlaces onde debedes premer para visitar algúns MUSEOS:

https://www.traveler.es/experiencias/articulos/reto-imitar-obras-de-arte-en-casa-museo-getty/17748 MUSEO GETTY

https://www.museodelprado.es/coleccion MUSEO DO PRADO

https://museos.xunta.gal/es/cgac   CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEO

               

Moito ánimo e a SORPRENDERNOS COAS VOSAS CREACIÓNS!!!

ACTIVIDADE IMPRESA Nº 19( de carácter obrigatorio).

ACTIVIDADES PARA O VENRES  15 DE MAIO 

Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. 

Primeiro rodeamos no CALENDARIO o día que é hoxe (poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no  calendario  o tempo que fai. Tamén recordamos que xa comezou o mes de maio, que seguimos na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer na FOLLA DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo.

Hoxe toca VENRES DE CONCERTO!!!

Invitámonos a un concerto da man de " Cé Orquestra Pantasma: A xogar, cantar e bailar!"

Esta actuación foi preparada para levar a cabo durante o Salón do Libro de Pontevedra, pero dadas as circunstancias que estamos vivindo, tívose que anular. Así que, o artista decidiu ofrecer esta actuación dende a súa casa de xeito que puidese chegar a todos os nenos/as. 

O espectáculo faravos bailar, gozar e divertir a nenos/as e maiores.

Aquí vos deixo o enlace:https://www.youtube.com/watch?v=Io4mqW81wlM

Animádevos, merece a pena!

ACTIVIDADE IMPRESA Nº 20( de carácter obrigatorio).

Bo finde, xogade moito e a disfrutar!!!

Moitos biquiños da profe!

AdxuntoTamaño
ACTIVIDADE Nº 16 AXUDA A CADA VERME A CHEGAR Á MAZÁ.pdf78.98 KB
ACTIVIDADE Nº17 REPASA OS PÉTALOS DA FLOR CON LAPIS.pdf232.92 KB
ACTIVIDADE Nº18 COLOREAR PEGAR BOLIÑAS E REPASAR CON ROTULADOR.pdf131.32 KB
ACTIVIDADE Nº19COLOREA OS DEBUXOS CUXA INICIAL SEXA A LETRA E.pdf124.05 KB
ACTIVIDADE Nº 20 CONTINÚA A SERIE DAS MAZÁS.pdf68.31 KB
BOTE DO ARCO DA VELLA.pdf238.41 KB
FICHA REXISTRO PERCHA PINZAS.pdf55.34 KB
BATERÍA DE ACTIVIDADES.pdf64.74 KB
FICHA DO CONTO.pdf21.51 KB