Bo día a tod@s!! Está a caer o día das letras galegas. Este ano está dedicado a Ricardo Carvalho Calero, escritor e docente ferrolán. A pesar do aprazamento establecido pola Real Academia Galega, que traslada a conmemoración oficial do Día das Letras Galegas ao 31 de outubro, son moitos os centros que están a desenvolver actividades sobre Ricardo Carvalho Calero. Dende o EDGL achegamos material variado da súa biografía para que comecedes a coñecelo. Estade moi atentos porque iremos propoñendo actividades ao longo da vindeira semana. Para ir comezando deixamos unha liña do tempo para estudar a vida e obra do autor homenaxeado Ricardo Carvalho Calero. creado polo EDLG do CEIP A Ponte. Botádelle unha ollada. https://www.sutori.com/story/ricardo-carvalho-calero--CpYg8cV6Twxt5cHcuuoaF1M2
Un aperta a tod@s!! |
|||