Traballo para o mércores 6 de maio

Bos días chic@s!

Mañá mércores traballaremos:

Matemáticas: Fichas 45 e 46. No primeiro exercicio da ficha 45 tedes que usar o transportador. Se tedes na casa e recordades como se fai podedes medir os ángulos. Se non comezade no exercicio 2.

Sociais: Comezamos a ver a arte do século XIX e empezamos pola arquitectura. Lede o documento Neoclásico e modernismo e facede o exercicio.

Lengua: Ler páxinas 164 e 165 e facer os exercicios 1, 2, 3, 5, 6, 7 e 8 da páxina 165.

Naturais: Hoxe propóñovos ver uns vídeos nos que repasaremos as substancias puras, os dous tipos de mesturas e os métodos de separación. O último introduce o tema das reaccións químicas, que é o que imos traballar a partir de agora.

Xa vos adianto que a semana que vén vos vou propoñer un experimento, agardo que vos guste.

Vídeos:

Substancias puras e mesturas homoxéneas e heteroxéneas:

https://www.beunicoos.com/educacion-infantil/ciencias-naturales/la-materia/clasificar-la-materia.-naturales-6o-primaria

Métodos de separación de mesturas:

https://www.youtube.com/watch?v=aRMr891Vb54&feature=emb_rel_end

Reacciones químicas:

https://www.youtube.com/watch?v=rqGxRmkoZuM

Entregará o traballo para corrixir o grupo 2.

Saúdos!