ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 5 AO 8 DE MAIO ACTIVIDADES PARA O MARTES 5 DE MAIO Estimadas familias, aquí vos deixamos as actividades para levar a cabo o martes 5 de maio. Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. Primeiro rodeamos no CALENDARIO o día que é hoxe (poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no calendario o tempo que fai. Tamén lle podedes dicir que xa comezou o mes de maio, que seguimos na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer na FOLLA DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo. Deixámosvos un enlace que é unha canción de " Os meses do ano", O tempo cronolóxico de Magín Blanco https://youtu.be/EZIoCsCaNQU. Esperamos que disfrutades con el. FACEMOS A LISTA DA COMPRA( ACTIVIDADE OBRIGATORIA) O venres queremos facer unha receita saudable, pero para iso necesitamos que fagades a lista da compra dos alimentos e outros produtos que vaiades a necesitar. A receita vai a consistir nunha brocheta ou composición de froitas.
Na actividade adxunta da lista da compra, terán que escribir e/ou debuxar os alimentos e outros productos que vaimos a necesitar, así como a cantidade necesaria de cada un. Os nenos escribirán segundo a etapa educativa na que se atopen. Axuda para as familias: como sabemos que non é doado axudarlle a escribir aos nenos, e para que entendades mellor o que queremos dicir cando pedimos que escriban espontaneamente, é dicir, sen axuda, imos a deixarvos un vídeo explicativo de Teresa Neira, mestra de infantil, no cal fala das diferentes etapas polas cales van pasando, pois cando a nós nos parece que cometen erros, non son tales , senón fases polas cales todos os nenos deben pasar. https://www.youtube.com/watch?v=_H54tEqlB4o Podedes velo de forma gráfica tamén no documento adxunto. Fases da escritura segundo Myriam Nemirovsky. ACTIVIDADE IMPRESA Nº 12( será obrigatoria). ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 6 DE MAIO Estimadas familias, aquí vos deixamos as actividades para levar a cabo o mércores 6 de maio. Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. Primeiro rodeamos no CALENDARIO o día que é hoxe (poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no calendario o tempo que fai. Tamén lle podedes dicir que xa comezou o mes de maio, que seguimos na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer na FOLLA DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo. Deixámosvos un enlace que é unha canción de " Os meses do ano", O tempo cronolóxico de Magín Blanco https://youtu.be/EZIoCsCaNQU. Esperamos que disfrutades con el. Como queremos seguir enchendo a nosa web do conto, hoxe temos unha nova sorpresiña. Entra no seguinte enlace e xa verás:https://youtu.be/ksWsfShCXOM Despois de ver a sorpresiña deixámosvos un pequeno traballo: Que vos parece se facemos igual que o Monstro Rosa un barquiño de papel. Para elo necesitades unha folla de periódico, un pouquiño de maña, a axuda das vosas familias e moita imaxinación. Deixámosvos un pequeno vídeo onde podedes ir anotando os pasos: https://www.youtube.com/watch?v=pePmvVfN6WU Ademais de facer un barquiño de papel deixámosvos a seguinte actividade: Necesitaredes un dado, podedes aproveitar o que xa vos deixamos a semana pasada.Tamén necesitaredes o mostro que vos adxuntamos, o cal podedes pintar de rosa, así como ollos móbiles ou lentellas, fabas, etc. A actividade consiste en tirar o dado e ver cantos puntiños saíron. Logo deberedes poñerlle ao monstro tantos ollos como manda o dado . Se queredes podedes facer un rexistro na táboa que adxuntamos, e veremos cantos ollos nos tocou poñer en cada tirada ao noso monstro.Poden representalo con puntiños, ou número( opcional). FLORES MÁXICAS(Actividade obrigatoria) Para realizar esta actividade necesitaredes: Un recipiente con auga (bol, prato fondo, palangana,…) Papeis para pintar. Lapis de cores, rotuladores, ceras,… Tesoiras. Procedemento: Nunha folla de papel debuxaremos flores diferentes, usando a imaxinación, e logo decorarémolas como máis vos guste. Recortamos as flores. Se empregamos rotuladores para decorar espera a que a tinta estea completamente seca antes de continuar co seguinte paso. Dobra os pétalos cara o centro da flor. Coloca, coidadosamente, as flores pregadas no recipiente con auga. Os pétalos iranse abrindo pouco a pouco (tende un pouco de paciencia). Podedes repetir as veces que queirades, cambiando a forma da flor, a orden a que se pregan os pétalos, tipos de papeis, diferentes utensilios para colorear,…
ACTIVIDADE IMPRESA Nº 13( de carácter obrigatorio). ACTIVIDADES PARA O XOVES 7 DE MAIO Estimadas familias, aquí vos deixamos as actividades para levar a cabo o xoves 7 de maio. Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. Primeiro rodeamos no CALENDARIO o día que é hoxe (poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no calendario o tempo que fai. Tamén lle podedes dicir que xa comezou o mes de maio, que seguimos na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer na FOLLA DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo. Deixámosvos un enlace que é unha canción de " Os meses do ano", O tempo cronolóxico de Magín Blanco https://youtu.be/EZIoCsCaNQU. Esperamos que disfrutades con el. Hoxe tócanos FACER DEPORTE!! (Obrigatoria) Para iso propoñemos un reto. Primeiro deberedes ver o vídeo que vos deixamos para ver de que se trata. Clicade no enlace. https://www.youtube.com/watch?v=UbjHouC0M7Q Unha vez que vimos o vídeo tentaremos recrealo. Queremos que disfrutedes moito con esta actividade. Esperamos que vos guste e que movades un pouco o esqueleto. ACTIVIDADE IMPRESA Nº 14( de carácter obrigatorio). ACTIVIDADES PARA O VENRES 8 DE MAIO Estimadas familias, aquí vos deixamos as actividades para levar a cabo o venres 8 de maio. Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. Primeiro rodeamos no CALENDARIO o día que é hoxe (poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no calendario o tempo que fai. Tamén lle podedes dicir que xa comezou o mes de maio, que seguimos na estación da primavera e o ano no que nos atopamos.Non esquezamos poñer na FOLLA DAS EMOCIÓNS como nos sentimos no día de hoxe. Logo podemos levar a cabo algunhas das TAREFAS DA VIDA DIARIA, son actividades moi enriquecedoras, motivadoras e que lle proporcionan aos nenos e as nenas adquirir cada vez maior autonomía no seu día a día. Cada día poden facer unha diferente, pero estaría ben que na medida do posible as levaran todas a cabo. Deixámosvos un enlace que é unha canción de " Os meses do ano", O tempo cronolóxico de Magín Blanco https://youtu.be/EZIoCsCaNQU. Esperamos que disfrutades con el. E chegou o día de facer a NOSA RECEITA SAUDABLE. (Actividade obrigatoria) Lembrades que o martes vos pedimos facer a lista da compra das cousas que necesitaríamos? Pois ben, chegou a hora de baleirar o froiteiro. Os pasos a seguir son os seguintes: Lavamos as mans e poñémolo mandil. Eliximos varios tipos de froitas, as que vaiamos a empregar. Antes de comezar coa receita deberemos clasificar as froitas segundo un atributo (tamaños, cores, texturas, formas,…), elixide o que máis vos guste. Unha vez que rematamos o paso anterior, lavamos moi ben as froitas que acabamos de tocar e que imos a empregar. Coa axuda dun adulto, no caso de que sexa necesario, pelamos e cortamos as pezas de froitas en anacos. Pinchamos as froitas no pincho, ou compoñemos con elas nun prato, dependendo da modalidade que elixades. Unha vez que teñamos o pincho feito, ou a composición, toca debuxala. Ollo!!!!!!!!teredes que contar cantos anacos hai de cada froita. Deixamos un documento adxunto no cal faredes o debuxo do pincho e tamén poredes o nome/debuxo da froita, e a cantidade que temos na nosa receita. Podedes poñerlle un nome á vosa receita. Antes de papala sacarémoslle unha fotografía á mesma. Que aproveite!! ACTIVIDADE IMPRESA Nº 15( de carácter obrigatorio). Bo finde, xogade moito e a disfrutar!!! Moitos biquiños da profe!
|
|||||||||||||||||||||||||||||