2 de maio, Día Internacional contra o Acoso Escolar.

Ola nenos e nenas, ola familias, hoxe 2 de maio de 2020 celébrase o Día Internacional contra o Acoso Escolar.

Queremos deixarvos un vídeo no cal se pon de manifesto que é isto do acoso e como podemos tratalo. Gustaríanos que o vísedes e logo que puidésedes conversar un pouco sobre o que sucede no mesmo.

Oxalá chegue un día no cal o acoso escolar sexa algo que non exista, pero mentres tanto debemos darlle visibilidade para que estas conductas non se produzcan e, no caso de que as vexamos ou as suframos, sexamos capaces de dicir ALTO! ESTOU AQUÍ! CONFÍA EN MIN. EU PODO AXUDARCHE. 

Esperamos que vos guste.

Un saúdo e unha aperta da vosa mestra.